Saltar ao contido principal

Os conflitos mineiros de Rosia Montana, Skouries e Corcoesto a debate en Castilla y León o próximo catro de xaneiro

En xaneiro, unha nova xornada sobre megaminaría en Salamanca
A Plataforma Salvemos cabana participará en Salamanca na I Jornada Castellano-Leonesa sobre minería contaminante. O evento, organizado pola Asociación Stop Uranio e o Concello Salamantino de Boada, celebrarase na tarde do sábado 4 de xaneiro na sala de usos múltiples de 17 a 20 horas.

Na xornada, Salvemos Cabana presentará a conferencia "Rosia Montana, Skouries e Corcoesto: Unha aproximación á especulación da minaría de ouro en Europa", que tratará sobre os conflitos socioambientais xerados polos proxectos de megaminaría que afectan ao vello continente.

Stop Uranio, como Salvemos Cabana, é unha plataforma cidadá rexistrada como asociación sen ánimo de lucro e autorizada porla Junta de Castilla y León, nacida co obxectivo de paralizar o denominado 'Salamanca Project', que a empresa mineira australiana Berkeley Resources pretende lear a cabo a ceo aberto entre as provincias de Salamanca e Cáceres.

PROXECCIÓN E MESA REDONDA

Tras a ponencia proxectarase o documental: "O ouro dos tontos: Memoria da minaría do ouro en Costa Rica", producido pola universidade nacional do país mesoamericano, que narra unha experiencia equivalente á de Corcoesto, que rematou coa anulación do proxecto mineiro 'Las Crucitas' por orden dos tribunais costarricenses.

Na parte final da xornada, levarase a cabo unha mesa redonda sobre as coincidencias entre os proxectos mineiros de Edgewater Exploration e Berkeley Resources, na que participarán ambas asociacións para colaborar na análise de contexto e alternativas.

A MEGAMINARÍA A CEO ABERTO, UNHA ACTIVIDADE INSOSTIBLE

A minaría a ceo aberto con substancias tóxicas é unha actividade de alto impacto ambiental, social e cultural, que actualmente é a industria que máis residuos xera a nivel mundial. Insostenible por definición xa que a explotación do recurso supón o seu esgotamento.

(23.12.2013)