Saltar ao contido principal

Bang! Ban Cyanide: Campaña europea para a prohibición do cianuro

Non máis minas tóxicas en Europa!

As grandes minas de ouro a ceo aberto proliferan por toda Europa. En xeral, a cidadanía Europea descoñece a procedencia dos metais que se utilizan para fabricar os ordenadores, dispositivos electrónicos e teléfonos móbiles. A minaría moderna destrúe o medio, produce contaminación por un longo período de tempo, utiliza grandes cantidades de produtos químicos altamente tóxicos como o cianuro e tamén provoca o desprazamento de comunidades enteiras.

Somos unha coalición europea de organizacións no, grupos de acción e comunidades de Bélxica, Bulgaria, Finlandia, Francia, Grecia, Alemaña, Romanía, Eslovaquia, España, Reino Unido, República Checa e Turquía. Unímonos para rexeitar as minas tóxicas e a minaría a base de cianuro en Europa.

Gran parte dos que formamos parte desta coalición vivimos en zonas ameazadas por estas minas tóxicas. Ademais de falar sobre a nosa ameaza común, propoñemos unha solución común. Por exemplos que sucederon en todo o mundo, sabemos que a minaría a base de cianuro afecta ao medio e ás persoas que viven preto, lonxe e moi lonxe. E tamén grazas a exemplos en todo o mundo, sabemos que cando as persoas se unen, gañan. Así recentemente en Eslovaquia prohibíuse a minaría a base de cianuro.

En agosto de 2014 naceu en Rosia Montana (Romanía) a campaña conxunta para prohibir a minaría a base de cianuro en Europa. En 2010 o Parlamento Europeo votou a favor de prohibir a minaría a base de cianuro, debido aos inmensos riscos que formula esta tecnoloxía para a saúde humana e para o medio ambiente. Queremos converter este voto nunha realidade, pedindo ao candidato a Comisario de Medio Ambiente Sr. Karmenu Vella, que faga cumprir a resolución e que actúe en consecuencia!

Sabemos que a minaría industrial moderna é un proceso químico con riscos, que non xera riqueza senón que contamina o medio ambiente, e produce pobreza e dependencia. Tamén desarraiga ás persoas e ás comunidades.

Cremos que Europa debe estar formada por comunidades fortes e saudables, con cidadáns que confíen no presente e no futuro. Sabemos, que as industrias extractivas e o cianuro están vinculados á corrupción e a decisións políticas impostas dende arriba.

Cremos que a verdadeira democracia prospera cando os que toman as decisións traballan para a xente e non polo poder e os beneficios.

Negámonos a aceptar que unha substancia química tan velenosa como o cianuro se poida seguir utilizando en grandes cantidades na minaría en Europa, un continente densamente poboado. O cianuro é altamente tóxico e pode causar a morte rapidamente. Tan só unha cullerada dunha solución de cianuro ao 2% mata un ser humano e os accidentes mineiros sempre recorrentes mostran o seu impacto desvastador.

Cremos que chegou o momento de esixir que os responsables europeos tomen por fin medidas e fagan que a minaría a base de cianuro pertenza ao pasado.

Unimos forzas para abordar na audiencia do Sr. Karmenu Vella, candidato a Comisario de Medio Ambiente, a dura realidade que formula a minaría a base de cianuro. Por contacto directo coas nosas/-vos Eurodeputados/-ás, e a través das redes sociais transmitimos a importancia de incorporar a prohibición da minaría a base de cianuro na axenda do futuro Comisario.

As e os Eurodeputadas/os que se fixeron eco das nosas preocupacións interpelarán ao Sr. Karmenu Vella durante as audiencias que terán lugar o 29 de setembro.

O cianuro non coñece fronteiras e pedimos a persoas interesadas de toda Europa que se nos unan neste esforzo!

#pideaoequipodejuncker #prohibirocianuro nas #audienciasPE2014 #askteamjuncker #bancyanide #EPhearings2014

Para más información pode contactar a bang@bancyanide.eu ou visitar www.bancyanide.eu

Organizacións membros da campaña europea Bang Ban Cyanide

Plataforma ORO NO (Asturias, España)
email: plataforma.orono@gmail.com
Website: orono.blogspot.com

Plataforma Salvemos Cabana (Galicia, España)
www.salvemoscabana.blogspot.com.es
salvemoscabana.info@gmail.com

ContraMINAcción (Galicia, España)
http://mineriagalicia.org/
contact: mineriagalicia@gmail.com

Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños ( Galicia, España)
Website: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/
plataformacorcoesto@gmail.com

CATAPA (Bélgica, Latinoamérica)
www.catapa.be | info@catapa.be
Initiative de solidarité avec la Grèce qui resiste (Bruselas, Bélgica)
initiativesolidaritebxl.wordpress.com | initiative.limited@gmail.com

Hellenic Mining Watch (Grecia)
antigoldgr.org

The Gaia Foundation (Reino Unido)
www.gaiafoundation.org
info@gaianet.org

Za Zemita (Bulgaria)
www.zazemiata.org | info@zazemiataorg
Cechy nad zlato (República Checa)

www.cechynadzlato.cz
Šumava nad zlato (República Checa)
www.facebook.com/SumavaNadZlato | petraoudesova@gmail.com

Brdy nad zlato (República Checa)
www.brdynadzlato.cz | info@brdynadzlato.cz

Veselý vrch (República Checa)
www.stoptezbezlata.cz | veselyvrch@gmail.com

Stop Talvivaara (Finlandia)
www.stoptalvivaara.org/ | mediadesk@stoptalvivaara.org

Collectif de vigilance sur les projets miniers Creusois (Francia)
minesencreuse.blogspot.fr/ | CommCollectifVilleranges@gmx.fr

Maiouri Nature Guyane (Guyana Francesa)
http://sites.google.com/site/maiourinature | maiouri.nature@gmail.com

Utopia (Francia)
www.mouvementutopia.org | anthony.foussard@mouvementutopia.org

Salva la Selva (Germany/ Spain)
www.salvalaselva.org/ | info@salvalaselva.org

Campania Salvati Rosia Montana (Romania)
www.rosiamontana.org | alburnusmaior@ngo.ro

Mining Match Romania (Romania)
www.miningwatch.ro | contact@miningwatch.ro

Kremnica nad zlato (Slovakia)
www.kremnicanadzlato.sk/ | info@kremnicanadzlato.sk

Çanakkale Çevre Platformu (Turquía)
http://cevreplatformu.blogspot.ro/ | canakkalecep@gmail.com

(29.9.2014)