Salvemos Cabana mantén unha reunión co deputado de AGE Antón Sánchez e valora moi positivamente a modificación da lei para regular a caducidade dos dereitos mineros
O encontro tivo lugar na tarde do mércores nas oficinas do grupo no Parlamento de Galicia, analizando durante máis dunha hora a situación actual do proxecto minero de Corcoesto, o estado da súa licenza ambiental e as novas iniciativas previstas para lograr a prohibición do cianuro en tecnoloxías mineras a nivel galego e europeo.
Na reunión valorouse o informe remitido recientemente á asociación pola Oficina do Valedor do Pobo, no que o Alto Comisionado confirma que no caso de que Edgewater pretenta retomar o proxecto "a única posibilidade é a presentación dunha nova solicitude" na que "mesmo se a empresa pretende presentar un mesmo proxecto, as consecuencias xurídicas serían idénticas, posto que o anterior foi formalmente rexeitado por razóns de fondo ", o que apunta á posibilidade de que a DIA do proxecto de Corcoesto podería chegar a ser finalmente invalidada.
PROHIBICIÓN DO CIANURO
Doutra banda, abordouse o problema do cianuro en minaría e a loita contra o emprego deste reactivo logo da recente prohibición do Parlamento de Eslovaquia o pasado mes de setembro, que se une así a outros países europeos como República Checa ou Hungría que non autorizan o uso deste perigoso composto químico.
Por iso, "pide á Comisión e aos Estados
membros que non presten apoio, de forma directa ou indirecta, a ningún
proxecto mineiro na UE en que se empreguen tecnoloxías mineiras a base
de cianuro, ata que sexa aplicable a prohibición xeral, nin avalen
proxectos desas características en terceiros países".
VALORACIÓN MOI POSITIVA SOBRE O CAMBIO DA LEI PARA REGULAR A CADUCIDADE DOS DEREITOS MINEROS
Finalmente, a asociación congratúlase da enmenda rexistrada polo PPdG á Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que cede a tremenda presión social, e que modifica a normativa mineira regulando a caducidade dos dereitos o que supón que trala denegación da autorización de explotación para calquera proxecto, os dereitos mineros cancélanse automáticamente e que supoñería no caso da transnacional canadiense Edgewater en Corcoesto a perda de facto dos dereitos de explotación, e sen dúbida un desexable final para o proxecto industrial máis cuestionado na historia recente de Galicia.
(6.11.2014)
Na reunión valorouse o informe remitido recientemente á asociación pola Oficina do Valedor do Pobo, no que o Alto Comisionado confirma que no caso de que Edgewater pretenta retomar o proxecto "a única posibilidade é a presentación dunha nova solicitude" na que "mesmo se a empresa pretende presentar un mesmo proxecto, as consecuencias xurídicas serían idénticas, posto que o anterior foi formalmente rexeitado por razóns de fondo ", o que apunta á posibilidade de que a DIA do proxecto de Corcoesto podería chegar a ser finalmente invalidada.
PROHIBICIÓN DO CIANURO
Doutra banda, abordouse o problema do cianuro en minaría e a loita contra o emprego deste reactivo logo da recente prohibición do Parlamento de Eslovaquia o pasado mes de setembro, que se une así a outros países europeos como República Checa ou Hungría que non autorizan o uso deste perigoso composto químico.
O 5 de maio de 2010, o Parlamento Europeo aprobou a resolución P7 TA(2010)0145, de "Prohibición do uso das tecnoloxías mineiras a base de cianuro", que supuxo un fito fundamental para o avance cara á súa total
prohibición en todo o territorio da Unión
Europea, pois dende entón se fomentou a aparición de numerosas
iniciativas sociais e políticas dende países como Grecia, Romanía,
España, Francia, Bulgaria ou Finlandia.
O texto aprobado recoñece ao cianuro "é unha substancia química altamente tóxica" que na Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) está clasificado "como un dos principais contaminantes" e pode ter "un impacto catastrófico e irreversible na saúde humana e o medio e, por ende, na diversidade biolóxica" e que "un fallo no seu transporte e almacenamento pode ter consecuencias catastróficas".