Saltar ao contido principal

Salvemos Cabana considera que a demanda de Edgewater contra a Xunta de Galicia pola súa negativa a Corcoesto ten pouco percorrido nos tribunais

A Plataforma recorda que o rexeitamento da Administración tivo que ver co incumprimento dos requisitos impostos á compañía, que esixían multiplicar por 60 os fondos propios alcanzando o 25% do investimento previsto durante a vida útil da mina (27 millóns de euros) e que os parámetros contables e de liquidez solicitados, aos que a mineira non puido facer fronte, o foron dada a envergadura e os riscos do proxecto, moi distintos aos doutras adxudicatarias de dereitos mineiros en territorio galego.

Antigo aviso de tarefas de exploración mineira en Corcoesto

Na reunión da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada en pasado 19 de decembro no Parlamento de Galicia, o Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, afirmou que non parece procedente que se presente ningunha reclamación patrimonial por parte de Edgewater porque "non se dan os supostos para iso, hai unha solicitude denegada por resolución firme en vía administrativa, totalmente conforme a dereito e nese sentido non cabe responsabilidade da Administración". Como insistiu entón "non hai ningunha circunstancia, nin de Feito nin de Dereito para que se estime o recurso administrativo interposto".

Doutra banda, a mineira superou o prazo establecido en xullo de 2013 pola Consellería de Economía e Industria para acreditar unha solvencia mínima sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme co resto do financiamento, aportando ademais a documentación esixida que acreditase a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo, polo que, tal como sinalou a propia Xunta, non cabo reclamación algunha por danos patrimoniales ao tratarse dun proxecto en fase de tramitación no que se incumpriron os requisitos suscitados.

NOTABLES DIFERENZAS CON OUTROS PROXECTOS MINEIROS

Chama a atención, en calquera caso, que Edgewater queira facer un agravio comparativo e equiparar agora o proxecto mineiro de Corcoesto co trato recibido por outras compañías por parte das autoridades da Xunta, cando a dimensión da proposta na mina de ouro en Corcoesto foi desde o principio absolutamente distinta a calquera outro plan extractivo desenvolvido previamente en territorio galego.

Así, prevía utilizar nun primeiro momento inmensos volumes de reactivos, como 798.000 kg. de sosa cáustica, 546.000 de cianuro ou 357.000 de ácido clorhídrico anualmente na recuperación do mineral, xerando ao final da vida útil do proxecto máis de 17 millóns de toneladas de residuos tóxicos que quedarían almacenadados na Comarca de Bergantiños como un agasallo envenenado para futuras xeracións.

Durante a fase de información pública da ampliación para integrar a concesión Julia-2, fíxose público, ademais, que o obxectivo prioritario da empresa era a obtención de todos os dereitos mineros dispoñibles tanto ao redor do proxecto de Corcoesto como noutras zonas ao longo do cinto aurífero Malpica-Tuy aludindo a que poderían beneficiarse dunha planta de cianuración xa en funcionamento e próxima co que cabe preguntarse cal tería sido o volume de reactivos a empregar e o nivel de xeración de residuos si os plans da transnacional mineira chegasen a sair adiante.

(24.1.2014)