A mina de Corcoesto pon en perigo a supervivencia a longo prazo do marisqueo en Corme, Laxe e Cabana
Salvemos Cabana advirte de que os preocupantes niveis de arsénico xa presentes no río Anllóns poderían dispararse tras a instalación dunha explotación aurífera a ceo aberto cos conseguintes efectos nunha actividade económica da que dependen miles de persoas nesta zona da Costa da Morte.
Actualmente, as concentracións de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns en boa medida derivados da explotación británica de galería en Corcoesto de 1910 varían de 15 a 308 mg/kg, e tal como sinalou recentemente a Sociedade Galega de Historia Natural (SGNH), entidade que traballa con criterios científicos e presidida por un recoñecido investigador do CSIC, poden clasificarse como "contaminados". É conveniente recordar que segundo o artigo científico de Costas e colaboradores (2011), o río Anllóns está a achegar anualmente polo menos 850 kg de arsénico puro ao esteiro, procedente na súa maior parte da zona arsenopirítica da parroquia de Corcoesto. Proporcionalmente, a cantidade de arsénico que o Anllóns descarga ao esteiro é mesmo maior que as de grandes ríos europeos como o Támese, Sena, Loira, Garona ou Ródano, que atravesan zonas de alto nivel poboacional e de industrialización, como así o indicou a propia SGHN no seu informe do pasado 17 de decembro.
Preocúpanos especialmente os efectos que isto poida ter para a saúde das persoas e sobre a actividade económica da nosa bisbarra, dado que é un feito recoñecido que os moluscos, crustáceos e outros invertebrados mariños que habitan en ambientes naturais e que son fonte de alimento, son coñecidos acumuladores de metais pesados e metaloides (como é o caso do arsénico) nos seus tecidos. Débese considerar, ademais, que tanto o arsénico coma outros metais pesados, son elementos de carácter bioacumulable no organismo humano, polo que unha exposición prolongada pode provocar efectos daniños na saúde a longo prazo.
Recordamos así mesmo, que o arsénico encóntrase incluído no Grupo I de substancias canceríxenas da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro dende 1987 (IARC), entidade pertencente á Organización Mundial da Saúde (OMS), o que implica que existen suficientes evidencias científicas sobre os seus efectos nas persoas, pois despois de ser absorbido pasa ao torrente sanguíneo e é distribuído no organismo depositándose en fígado, ril, corazón, pulmón e pel, podendo provocar distintos tipos de tumores.
Con estes datos na man, consideramos que o proxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto, de apenas 10 anos de horizonte temporal, pode poñer en perigo a saúde e o futuro laboral das miles de persoas que directa ou indirectamente na nosa bisbarra viven e dignifican día a día a profesión do marisqueo tanto nas localidades de Cabana de Bergantiños, Laxe e Corme, coñecida esta última como a "patria" dos percebeiros e percebeiras do Roncudo, e cuio produto representa a Galicia nos máis destacados foros internacionais.
(18.2.2013)