Salvemos Cabana advirte ao embaixador canadense do rexeitamento social contra o proxecto mineiro de Corcoesto
Nunha misiva dirixida a Jon Allen, embaixador de Canadá para España e Andorra, a Plataforma expón que a explotación que pretende instalar Edgewater Exploration Ltd. en Cabana de Bergantiños leva consigo riscos inasumibles para a Costa da Morte coruñesa.
Tal como se indica na carta remitida ao Sr. Allen, manifestamos publicamente o noso máis absoluto rexeitamento ao plan de explotación de Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater ao considerar que podería ter graves consecuencias non só para o noso pobo, senón tamén para a nosa bisbarra.
Por unha parte, preocúpanos o método elixido para separar o ouro da rocha neste proxecto, que empregará tecnoloxías de lixiviación mediante cianuro de sodio, a razón de 1,49 toneladas métricas deste composto e empregando máis dun millón de litros de auga por día.
Recordamos que na Resolución do Parlamento Europeo, do 5 de maio de 2010, sobre prohibición xeral do uso das tecnoloxías mineiras a base de cianuro, recórdase textualmente que "nos últimos 25 anos se rexistraron máis de 30 accidentes importantes relacionados coa vertedura do cianuro" e fai referencia ao accidente de Baia Mare en Romanía (2000), "cando se verteron máis de 100.000 metros cúbicos de auga contaminada con cianuro dende o encoro dunha mina de ouro ao sistema fluvial Tisza-Danubio, o que causou o maior desastre ecolóxico desa época na Europa Central, e que non existe ningunha garantía real de que non se volva producir un accidente semellante, especialmente tendo en conta o incremento nas condicións meteorolóxicas extremas" favorecidas polo cambio climático.
Sabemos que para as empresas mineiras, a obsolescencia tecnolóxica é a orixe destes desastres, e en cada novo proxecto se "garante" a imposibilidade de que iso volva acontecer, pero os feitos demostran que os accidentes xorden, e os territorios teñen que cargar coas consecuencias, como se demostrou de xeito fidedigno no desastre de Aznalcóllar acontecido en Andalucía na madrugada do 25 de abril de 1998, cando rebentou unha balsa de residuos de metais pesados moi contaminantes procedentes da mina da empresa de capital sueco Boliden-Apirsa, multinacional que ata o de agora non asumiu as súas responsabilidades.
Insistimos unha vez máis en que nesa mesma Resolución, se instou á comisión "á prohibición completa do uso das tecnoloxías mineiras a base de cianuro na UE", ao "ser a única forma segura de protexer os nosos recursos hídricos e ecosistemas da contaminación por cianuro procedente das actividades mineiras". Ademais, no mesmo texto, o Parlamento Europeo pídelles aos estados membros da Unión que "non presten apoio, de forma directa ou indirecta, a ningún proxecto mineiro na UE no que se empreguen tecnoloxías mineiras a base de cianuro ata que sexa aplicable a prohibición xeral, nin avalen proxectos desas características en terceiros países".
A realidade é que o proxecto mineiro de Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater non contempla unha garantía financeira suficiente que cubra economicamente e de xeito integral unha catástrofe ambiental, xa sexa no transporte do cianuro por estrada, que terá que atravesar zonas densamente poboadas, ou no caso da rotura das balsas de residuos.
Outro factor importante a sinalar é a contaminación persistente que as tecnoloxías mineiras poidan provocar en aire, chans e augas superficiais e subterráneas dunha bisbarra como a nosa, dedicada maioritariamente aos labores tradicionais como son a agricultura, a gandaría e o marisqueo. Consideramos que en ningún caso os programas de responsabilidade social corporativa da empresa compensarán os danos que poidan chegar a ocasionarse agora ou no futuro. En esencia, valoramos que unha iniciativa de tan escasa duración, declarada en apenas dez anos de funcionamento, podería ter graves consecuencias unha vez o proxecto mineiro finalice a súa vida útil.
É por iso que incidimos en que os 271 postos de traballo que a empresa ofrece, parte importante dos cales serán de carácter temporal e durante apenas os dous primeiros anos das tarefas de preparación, poden poñer en perigo miles de empregos asociados na nosa bisbarra ao sector primario. A contribución económica deste proxecto á nosa zona en ningún caso compensará a afectación que podería levar consigo. Recordamos que malia o pretendido respaldo que a empresa anuncia, a realidade é que máis de 22.000 persoas asinaron xa contra o proxecto mineiro, poñendo en evidencia a falta de aprobación social da iniciativa empresarial de Edgewater Exploration Ltd. e mesmo perxudicando ante moitos cidadáns a imaxe da respectable nación canadense.
Polo anteriormente exposto e segundo se lle fixo chegar ao Sr. Allen, Salvemos Cabana defenderá por todas as vías posibles a esixencia de paralización do proxecto mineiro de Corcoesto, apoiando con campañas de información a todos os veciños interesados da Costa da Morte e Galicia, á procura dun futuro digno, estable e sostible para as nosas familias.
(5.3.2013)