Desenvolvida por Mining Watch, ONG radicada en Otawa, eleva unha petición urxente ao Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra sobre un dos moitos casos que implican á maior produtora de ouro do mundo, firma da que dende 2011 é asesor o ex-presidente do Goberno, José María Aznar.
Para Mining Watch, a través do escrito presentado esta semana en Xenebra ratificado por numerosas organizacións e grupos internacionais entre os que se encontra Salvemos Cabana, as mulleres afectadas non están a obter a protección, as garantías nin a reparación que puidesen obter a través dunha acción legal, negándolles os seus dereitos máis elementais, polo que este abuso podería sentar un nefasto precedente a nivel mundial, abrindo as portas a acordos de protección e confidencialidade que maiormente rematarían por beneficiar ás transnacionais mineiras.
Os problemas de Barrick Gold, non obstante, non son algo novo, porque o número de frontes abertas a nivel social e ambiental que a compañía ten noutros países como Chile, Arxentina, Perú, República Dominicana, Rusia, Congo, Zambia, Paquistán, Filipinas, Australia, e mesmo Canadá e Estados Unidos, non deixan lugar a dúbidas da súa política de empresa, o que incluso levou en 2008 ao Fondo Soberano de Noruega a retirar, por motivos éticos, 245 millóns de dólares que tiña invertidos na compañía, incluíndoa na súa lista negra por provocar "severos danos ao medio ambiente" nos seus proxectos mineiros.
Dende Salvemos Cabana, recordamos ademais que o ex-presidente do Goberno, José María Aznar, é asesor da firma dende o ano 2011, obviando os máis elementais criterios de sensibilidade cos afectados polas accións de Barrick Gold e consideramos inaceptable o comportamento que esta e outras compañías mineiras canadenses están a ter ao longo do mundo, enfrontando graves acusacións de actuación contra os dereitos humanos e innumerables conflitos derivados das súas prácticas laborais, sociais e ambientais.
--
Máis información no informe de Corpwatch sobre Barrick Gold (descargar).
(14.5.2013)