Un informe científico aplicable en Corcoesto vincula a minaría do ouro cos riscos derivados do arsénico para a saúde humana e a biodiversidade
O texto, publicado en 2004 por un recoñecido investigador do Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos en Reviews of Environmental Contamination and Toxicology, desmonta as irresponsables afirmacións do deputado popular Aurelio Núñez Centeno desta semana sobre que os elevados niveis de arsénico no río Anllóns non están relacionados coa antiga actividade mineira na parroquia cabanesa.
Baixo o título de "Arsenic hazards to humans, plants and animals from gold mining" ("Os riscos do arsénico derivados da minaría do ouro para seres humanos, plantas e animais"), o Dr. Roland Eisler relaciona entre outros factores a contaminación ambiental por arsénico coas explotacións auríferas en ámbitos xeolóxicos ricos en arsenopirita (FeAsS), como no caso de Corcoesto.
Segundo confirma este especialista, as concentracións de arsénico preto das zonas de operacións de minaría do ouro, e en especial preto das entulleiras, elévanse tanto en materiais abióticos coma en ambientes bióticos en chans e en augas superficiais e sedimentarias, sendo bioacumulable pola diversidade biolóxica do ámbito, tanto animal coma vexetal, non podendo ser eliminado polo organismo e alcanzando concentracións crecentes a medida que se avanza nos sucesivos niveis da cadea trófica.
Asemade, este informe referencia importantes problemas de saúde asociados co arsénico nos traballadores da minaría de ouro, incluíndo elevadas taxas de mortalidade por cancro de pulmón, estómago e tracto respiratorio e mesmo a afección a nenos en idade escolar nas proximidades deste tipo de explotacións, con altos niveis de arsénico detectados a través da urina e asociados con futuros efectos adversos para a saúde, sendo o factor causal máis probable o consumo de auga potable coa presenza deste metal pesado.
UN ESTUDO REALIZADO NO SUR DA INDIA E PUBLICADO EN OUTUBRO DE 2012, APUNTA NA MESMA DIRECCIÓN
Baixo o título de "Environmental arsenic contamination and its health effects in a historic gold mining area of the Mangalur greenstone belt of Northeastern Karnataka, India" ("Contaminación por arsénico do medio ambiente e os seus efectos sobre a saúde nunha zona histórica de minaría do ouro no cinto de Pedra Verde de Mangalore no nordés de Karnataka, India") e publicado no Journal of Hazardous Materials (Chakraborti et al., 2012), resume os achados recentes sobre os efectos do arsénico a nivel ambiental e social sobre as comunidades afectadas por explotacións auríferas do que os investigadores consideran a presenza dunha "arsenicosis manifesta" nunha rexión con actividade mineira histórica.
SALVEMOS CABANA CONSIDERA QUE A XUNTA DEBE DE APLICAR EN CORCOESTO CRITERIOS DE RESPONSABILIDADE MÁIS ALÁ DO SUPOSTO BENEFICIO ECONÓMICO
O arsénico é unha das dez substancias que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera máis preocupantes para a saúde pública, dado que a exposición prolongada ao arsénico, principalmente a través do consumo de auga contaminada xa sexa de xeito directo, na preparación de alimentos ou o rego de cultivos pode levar a un proceso de intoxicación crónica, podendo provocar lesións cutáneas e diversos tipos de cancro, aínda que tamén se asociou a problemas de desenvolvemento, enfermidades cardiovasculares, neurotoxicidad e diabetes.
A ciencia demostrou de xeito fidedigno e en numerosas ocasións que a minaría do ouro en zonas de leitos rochosos ricos en mispíquel (arsenopirita) derivan en problemas relacionados co arsénico para a saúde dos seres humanos e o medio ambiente.
Tendo todo iso en conta, e aplicando os principios de cautela e acción preventiva recollidos no artigo 174 do Tratado da Unión Europea, a Xunta de Galicia, como garante da saúde de todos os galegos, debería examinar comparativamente o custo-beneficio do proxecto mineiro de Corcoesto indo máis alá dun mero análise económica da rendibilidade, e considerando a opción cero, ou de non realización.
(9.9.2013)