A Plataforma Salvemos Cabana, colectivo entre cuxos fins fundacionais está a defensa do patrimonio sociocultural ademáis do ambiental, considera lamentable que no parco do donominado "I Congreso Internacional de escritores río Anllóns e Dolmen de Dombate", celebrado do 18 ao 20 de marzo, o alcalde de Cabana José Muiño (PP) e o seu asesor de Cultura José Mª Varela nomeasen como director do evento ao escritor e editor Basilio Rodríguez Cañada, suspendido polo Pen International polo seu labor á fronte do Pen Club España.
O pasado 16 de outubro, axencias informativas e medios de comunicación fixéronse eco de como a 81 asemblea do Pen International, prestixiosa asociación mundial de escritores famosa polo seu apoio á liberdade ideolóxica e de prensa, aprobaba por unanimidade na cidade canadense de Quebec a suspensión temporal do Pen Club España "ante as irregularidades e disfunción" do centro baixo a dirección de Rodríguez Cañada.
Fontes do Pen International acusaron ao agora director do "I Congreso Internacional de Escritores Río Anllóns e Dolmen de Dombate" de converter o Pen Club España nunha entidade "para o seu propio beneficio" que "non representa" aos escritores, "o que é un verdadeiro delito" dada a gran historia da organización en territorio ibérico.
De feito, destacaron que non só ten un carácter "inusual" suspender temporalmente a un dos centros do Pen International aceptado como membro en 1923, senón que se trata "do único caso en Europa dun centro apartado pola organización mundial" e que, se no prazo dun ano non se pode reconstruír o Pen Club España, a organización está decidida ao peche do centro.
UN NOVO CONFLITO PARA DOMBATE
As circunstancias anteriormente mencionadas supoñen unha vergoña manifesta e unha nova volta de torca á situación de escándalo permanente na que vive inmerso o centro de referencia do neolítico galego nos últimos anos, pois aínda que a elección do responsable do congreso partiu do alcalde de Cabana e do seu asesor de cultura, foi o deputado provincial Xesús Soto Viveiro (BNG) o que tomou a decisión de aprobar a actividade autorizando a co-dirección do congreso a Basilio Rodríguez Cañada, cos precedentes xa coñecidos.
En datas recentes, ademais, Xesús Soto decidiu renovar o Convenio de Colaboración co Concello de Cabana de Bergantiños a pesar de que os informes técnicos do Servizo de Arquitectura e Patrimonio da Deputación da Coruña eran negativos ao respecto e aconsellaban o contrario, ditando unha resolución a todas luces inxusta e sen considerar o incumprimento dalgunhas das cláusulas vinculantes recollidas no documento anterior que terían que derivar na anulación do acordo.
O QUE DEBERÍA SER UN CENTRO ARQUEOLÓXICO DE REFERENCIA, DE NOVO CONVERTIDO NUNHA SALA MULTIUSOS
Finalmente, hai que lamentar que o Dolmen de Dombate vaia a converterse unha vez máis, xa sexa por descoñecemento político ou por ignorancia observable, nun mero salón de actos para a realización de actividades que nada teñen que ver co contexto arqueolóxico e que unicamente rematan por prexudicar a súa conservación, feitos que confirman unha vez máis a necesidade de incorporar xestores profesionais para un monumento que á Deputación da Coruña parece virlle grande.
(18.3.2016)
![]() |
Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate |