O novo convenio de colaboración do Dolmen de Dombate resulta inadecuado para protexer o monumento de referencia do megalitismo galego
O acordo asinado entre a Deputación coruñesa e o Concello de Cabana de Bergantiños para a súa xestión cultural volve incidir na masificación do enclave como principal ferramenta de "posta en valor" incluíndo nalgúns casos actividades que nada teñen que ver co contexto arqueolóxico do recinto.
De maneira inxustificable tras renovar o contrato obviando os informes negativos do Servizo de Arquitectura e Patrimonio do propio organismo, o novo convenio defendido polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamentos Xesús Soto (BNG) non emenda senón que repite e amplía as deficiencias do anterior. Na cláusula 2.3.4 referente a "música e escenificacións teatrais", por exemplo, afirma que "estas actividades levaranse a cabo sobre todo en tempada baixa aproveitando a acústica do centro arqueolóxico e a protección contra as inclemencias do tempo", convertendo unha vez máis ao principal monumento prehistórico de Galicia nunha sala multiusos apta para calquera tipo de intervención pública, teña ou non que ver coa temática que se lle presupón ao que debería ser un centro arqueolóxico de primeira orde.
Na mesma liña reflíctese a organización de eventos deportivos (cláusula 2.3.7) facendo referencia á organización de "competicións deportivas que leven por nome o Dolmen de Dombate" e procurar "que se poidan desenvolver na contorna ou preto do centro arqueolóxico". A cuestión é como evitar, en definitiva, que as máis de 400 persoas e os seus acompañantes que o pasado ano participaron na 'Carreira popular Dolmen de Dombate' se pasen 'en tropel' polo xacemento antes ou despois da proba, do mesmo xeito que sucedeu este ano coa organización do Día da Bicicleta 2016, que esta fin de semana superou os 200 participantes.
O documento adoece ademais dun profundo descoñecemento sobre o que supoñen os conceptos de protección e posta en valor do patrimonio arqueolóxico ao afirmar unha cousa e a contraria. Na cláusula 2.3.8 fálase de que se persegue a finalidade de que "o maior número de xente posible poida achegarse a Dombate" mentres que no sexto apartado afírmase que as actividades que desenvolva o Concello no edificio do Dolmen "non poderán superar o límite de 25 persoas" no interior do mesmo, algo que para nada se corresponde coas consecuencias que se derivan do plan de actividades proposto.
Neste sentido, a "comisión político-técnica" da cláusula 6 a levar a cabo entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños que debe velar "pola correcta adecuación" das actividades reflectidas no convenio "no marco de preservación do ben patrimonial" non deixa de ser outra cousa que papel mollado ante a situación que vén experimentando o Dolmen de Dombate os últimos anos, que únicamente termina por beneficiar os intereses do Partido Popular na Comarca de Bergantiños fronte á conservación deste Ben de Interese Cultural (BIC) que é patrimonio de todos e todas.
(9.5.2016)
![]() |
| Dolmen de Dombate |