Salvemos Cabana considera lamentable a postura do Partido Popular en canto á protección do Dolmen de Dombate
A Plataforma valora como "un cero á esquerda" a intervención do deputado Agustín Vahamonde na Comisión Parlamentaria 4ª de Educación e Cultura e o seu rexeitamento á iniciativa no debate da Proposición Non de Lei impulsada por AGE para salvagardar o monumento, unha mostra máis da prepotencia e descoñecemento coa que o PPdG utiliza en ocasioóns a maioría absoluta en sede parlamentaria.
Coa súa posición a favor do Concello de Cabana (PP) pero sen coñecemento de causa, Bahamonde mostra a súa profunda ignorancia da situación que atravesa o centro arqueolóxico e o feito de que tamén a propia Deputación Provincial da Coruña aposta por que a Xunta de Galicia pase a xestionar o Dolmen de Dombate, considerado coma o principal enclave prehistórico do período neolítico en Galicia.
Resulta intolerable que o representante popular declare que “non consta ningunha información fehaciente” neste sentido cando desde hai meses, diversos representantes do ente provincial manifestáronse nese sentido nos medios de comunicación..
Doutra banda, a proposta impulsada por Alternativa Galega de Esquerda e defendida polo deputado Xabier Ron manifestou acertadamente a existencia de “evidencias de que os convenios que actualmente tece a deputación provincial co concello non son os máis acaídos”, poñendo como exemplo os danos da réplica ou neodolmen, que custou uns 83.000 euros no ano 2012 e que en menos de tres anos sufriu unha grave deterioración, “inadmisible si se tivesen feito de forma axeitada as tarefas de supervisión das visitas e non se tivese masificado o número de visitantes posibles en cada itinerario de consulta”, demostrando á vista d elos feitos “que algo non funcionou ben”, polo que sorprende que o organismo provincial haxa renovado o convenio de colaboración co Concello de Cabana de Bergantiños cando todo apunta a que o consistorio “non xestionou ben o centro e da forma máis respectuosa co patrimonio cultural”.
A SOLUCIÓN NON É O CONVENIO CO CONCELLO DE CABANA SENÓN UNHA XESTIÓN COHERENTE E RESPONSABLE POR PARTE DA XUNTA.
Ante a situación actual do Dolmen de Dombate, a peor das opcións é a xestión levada a cabo por parte do Concello de Cabana de Bergantiños, nun novo convenio asinado coa Deputación da Coruña en 2016 que de maneira incomprensible foi autorizado polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamentos Xesús Soto (BNG) sen ter en conta os informes negativos do Servizo de Arquitectura e Patrimonio do ente provincial.
Na cláusula 2.3.4 referente a “música e escenificacións teatrais”, por exemplo, afirma que “estas actividades levarán a cabo sobre todo en tempada baixa aproveitando a acústica do centro arqueolóxico e a protección contra as inclemencias do tempo”, convertendo unha vez máis ao principal monumento prehistórico de Galicia nunha sala multiusos apta para calquera tipo de intervención pública, teña ou non que ver coa temática que se lle presupón ao que debería ser un centro arqueolóxico de primeira orde.
Na mesma liña reflíctese a organización de eventos deportivos (cláusula 2.3.7) facendo referencia á organización de “competicións deportivas que leven por nome o Dolmen de Dombate” e procurar “que se poidan desenvolver na contorna ou preto do centro arqueolóxico”, favorecendo unha vez máis a masificación do monumento.
O documento adoece ademais dun profundo descoñecemento sobre o que supoñen os conceptos de protección e posta en valor do patrimonio arqueolóxico ao afirmar unha cousa e a contraria. Na cláusula 2.3.8 fálase de que se persegue a finalidade de que “o maior número de xente posible poida achegarse a Dombate” mentres que no sexto apartado afírmase que as actividades que desenvolva o Concello no edificio do Dolmen “non poderán superar o límite de 25 persoas” no interior do mesmo, algo que para nada se corresponde coas consecuencias que se derivan do plan de actividades proposto.
Neste sentido, a “comisión político-técnica” da cláusula 6 a levar a cabo entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños que debe velar “pola correcta adecuación” das actividades reflectidas no convenio “no marco de preservación do ben patrimonial” non deixa de ser outra cousa que papel mollado ante a situación que vén experimentando o Dolmen de Dombate os últimos anos, que unicamente termina por beneficiar os intereses do Partido Popular na Comarca de Bergantiños fronte á conservación deste Ben de Interese Cultural (BIC) que é patrimonio de todos os galegos e galegas.
(6.7.2016)
![]() |
Dolmen de Dombate |