Salvemos Cabana recomenda o control de acceso ao complexo dunar da Enseada dá Ínsua do 12 ao 14 de agosto
A Plataforma agradece a boa disposicón de Lois García, alcalde de Ponteceso, a negociar unha localización alternativa para unha próxima edición do festival "V de Valarés", pero lembra que neste momento o máis importante é minimizar calquera posible afección que a afluencia de miles de persoas ao evento poida ter sobre algúns dos hábitats naturais máis representativos de toda a Costa da Morte.
Pese ao establecemento dunhas condicións moi restritivas -tal como comunicou a Xunta de Galicia- contémplase unha asistencia de ata 3.400 persoas nas inmediacións da praia de Balarés. Aínda que tanto a zona de concertos (subparcela "b", parcela 396 do polígono 77 da ficha catastral do Concello de Ponteceso) como a zona de acampada (na subparcela "a" da mesma localización) están claramente delimitadas, na práctica resulta virtualmente imposible controlar que o público deambule no seu tempo libre por algunhas das zonas máis sensibles deste tramo costeiro protexido a nivel europeo, coma no caso do complexo dunar da Enseada da Ínsua.
A XUNTA CONFIRMA QUE SE TRATA DUNHA ÁREA DE MÁXIMA PROTECCIÓN
Nas consideracións técnicas publicadas pola Consellería de Medio Ambiente ao respecto, a Xunta confirmou que a localización do festival "atópase dentro dun espazo litoral de alto valor ambiental incluído dentro da zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) Costa da Morte, ZEPVN-ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) Costa da Morte (norte) e dentro da Rede Natura 2000 -ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte (norte)" en Zona 1 ou "área de protección" e que, por tanto, está suxeita á aplicación do decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria en Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000.
Neste caso, é a propia Xunta a que advirte que "na zona de influencia do evento aparecen recollidas representacións dun mosaico de hábitats de interese comunitario" e que o lugar "alberga tamén poboacións de especies de interese para a conservación entre as que destacan sobre todo as das aves, así como anfibios, plantas e morcegos, todos eles moi sensibles ás perturbacións dos seus hábitats".
O COMPLEXO DUNAR DA ENSEADA DÁ ÍNSUA, UN ECOSISTEMA FRÁXIL
Tendo en conta todos os condicionantes e polo anteriormente descrito, sería preceptivo o acotamiento, vixilancia e protección do complexo dunar da Enseada da Ínsua durante a celebración do festival ao tratarse dun hábitat de altísimo valor ecolóxico e moi sensible ás interferencias humanas.
Por desgraza, un carreiro litoral permite alcanzar a zona das dunas en menos de 20 minutos desde a praia de Balarés, podendo igualmente acceder a pé dende a localidade de Ponteceso ou o dende o miradoiro situado no coñecido como "Monte Branco", que domina a vista do estuario do río Anllóns.
UN CAMBIO DE EMPRAZAMENTO DO "V DE VALARÉS", BO PARA O FESTIVAL E A MELLOR OPCIÓN PARA O MEDIO AMBIENTE
A protección do medio ambiente e a preservación dos valores naturais da Costa da Morte deberían primar neste caso. Porque a finalidade da Rede Natura 2000, como principal instrumento de conservación da UE, é asegurar a longo prazo a supervivencia das especies e os tipos de hábitats en Europa, contribuíndo a deter a notable perda de biodiversidade que está a sufrir o continente.
Por iso un cambio de localización sería algo positivo, tanto para a imaxe da Fundación Eduardo Pondal -organizadora do evento- como para o medio ambiente, pois a fianza de 5.500 euros imposta pola Xunta en virtude do Decreto 455/1996 , como garantía ante os posibles danos ao ecosistema e o seu custo de restauración, non compensan en ningún caso o risco derivado da masificación duns dos tramos máis espectaculares e mellor conservados da costa galega.
Doutra banda, e tal como puido verificar Salvemos Cabana, eventos de maior entidade e tradición como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (A Coruña) celébranse no centro urbano da localidade fóra da área de protección da Rede Natura, e a zona de acampada, coutada no piñeiral costeiro a dous quilómetros da zona de concertos, está a vivir nos últimos anos fortes restricións precisamente co obxectivo de protexer a paisaxe e a biodiversidade do enclave.
O PRINCIPIO DE CAUTELA, BÁSICO PARA PROTEXER A REDE NATURA
Neste e noutros abondosos casos que están a ter lugar na Rede Natura en Galicia, como o Trail "Terras de Pondal" (Ponteceso), que o ano pasado atravesou varias zonas protexidas, como en datas recentes o festival "Sereas e piratas", celebrado na praia de Razo (Carballo) ou o Trail Running / BTT "Tres Lunas Race", que terá lugar a principios de agosto no parque natural ourensán da Serra da Enciña da Lastra, deberían de servir de incentivo á actual Administración da Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para lembrar a importancia do denominado como "Principio de Cautela ou de Precaución".
Este piar básico da política comunitaria, recollido no artigo 191 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, fai referencia a un enfoque preventivo na xestión de riscos, tamén a nivel ambiental, e sinala que en caso de falta de consenso, é posible contemplar a "Opción 0" ou de non realización.
Por iso, en canto á organización de actividades multitudinarias na Rede Natura en Galicia, que ocupa tan só un 12% do territorio, o que resultaría oportuno é atopar alternativas fóra das localizacións máis sensibles, pois razóns científicas e de moito peso xustifican a conservación do medio ambiente para as xeracións vindeiras. Porque a Rede Natura debería ser territorio de preservación, non unha zona de recreo a favor de intereses privados.
(31.7.2016)
![]() |
| Complexo dunar da Enseada da Ínsua |