A pesar da existencia dun auditorio en Cabana de Bergantiños totalmente preparado para este tipo de actuacións, a contorna do megalito utilizouse durante a fin de semana para a realización dunha actividade á que asistiron un centenar de persoas.
Este evento, que nada ten que ver co contexto arqueolóxico do monumento, ampárase no deficiente convenio de colaboración renovado este ano pola Deputación da Coruña ao Concello de Cabana de Bergantiños, que na súa cláusula 2.3.4 chega a afirmar de maneira sorprendente que debe aproveitarse "a acústica do centro arqueolóxico" e "a súa protección contra as inclemencias do tempo" coma se o monumento clave do megalitismo galego fose unha sorte de galpón que puidese destinarse a calquera fin ou uso imaxinable.
O concerto de música folk, executado polo violinista Galen Fraser e o guitarrista Colin Cotter, sería unha actividade ideal para o auditorio municipal de Cabana de Bergantiños tanto pola capacidade de aforo como pola propia instalación en si, pois este recinto está preparado de maneira idónea para este tipo de actuacións. Converter unha vez máis o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate nunha sala multiusos con presenza de grandes grupos de público é incorrer de novo nos erros do pasado que derivaron na actual e lamentable problemática do monumento.
O DOLMEN DE DOMBATE NECESITA UNHA XESTIÓN PROFESIONAL E ESPECIALIZADA
Este feito e moitos outros vividos desde que o Concello de Cabana se fixo coa xestión cultural do dolmen en 2014, lembran a necesidade perentoria de que a Xunta asuma as súas responsabilidades recoñecidas por Lei e impoña o seu criterio como autoridade de referencia en canto a todos e cada un dos bens de interese cultural (BIC) existentes en territorio galego.
No Dolmen de Dombate faise así necesaria unha xestión profesional e especializada na que a favor do ben arqueolóxico se establezan claramente limitacións de uso e unha serie de condicionantes para a correcta interpretación e salvagarda do monumento, algo que sen dúbida os deputados de Patrimonio e Cultura Xesús Soto e Xosé Regueira -pertencentes ao grupo provincial do BNG- non souberon facer, cedendo sen reparos o control do principal monumento da prehistoria galega ao PP de Cabana de Bergantiños.
(9.8.2016)
![]() |
| Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate |