O ente provincial tenta ocultar as probas da deficiente xestión do Concello de Cabana de Bergantiños "parcheando" os danos da réplica do megalito á conta do erario público e xustificando así a renovación do convenio co municipio, na que non tivo en consideración os informes negativos emitidos polo seu servizo de arquitectura e patrimonio e se incumpliron varias cláusulas do documento asinado por ambas partes, que obrigaba a priorizar sobre calquera outro factor a protección do monumento e todos os bens incluídos no centro arqueolóxico.
A elaboración da reprodución do monumento (neodolmen) saíu a concurso en 2011 por 95.000 euros, pero finalmente adxudicouse por 83.009. Trátase dunha réplica exacta a tamaño natural do seu relevo, que inclúe a distribución de ortostatos e as pinturas e gravados que contén o orixinal no seu interior, permitindo ao visitante coñecer de primeira man os principais valores do xacemento.
EVIDENTES PROBLEMAS LOGO DA XESTIÓN MUNICIPAL DO DOLMEN
Salvemos Cabana, colectivo entre cuxos fins fundacionais está a defensa do patrimonio sociocultural ademais do ambiental, pedira en maio de 2015 a actuación inmediata da Deputación da Coruña e a rescisión do convenio de colaboración co concello de Cabana de Bergantiños polo lamentable estado do neodolmen, que se atopaba en perfectas condicións antes do inicio da xestión municipal, advertindo entón da errónea política de José Muiño (PP), alcalde de Cabana e o seu asesor de cultura, Joséª M Varela, de formentar a masificación do xacemento pero sen prever as posibles consecuencias.
A DEPUTACIÓN CUMPRIU CON TODAS AS PETICIÓNS PERO ACTUOU DE MANEIRA INXUSTIFICADA AO RENOVAR O CONVENIO CO CONCELLO DE CABANA TRAS ANUNCIAR PUBLICAMENTE A SÚA CANCELACIÓN
Doutra banda, a asociación solicitara á Deputación da Coruña a valoración por parte de expertos do estado actual e posible deterioración das pinturas do megalito, así como o establecemento dun número máximo de visitas recomendado ao recinto arqueolóxico en aras da súa conservación, respondendo o ente provincial co establecemento de accións de mellora, o control periódico das pinturas por parte de expertos e máis recentemente, a limitación do número de visitantes.
Resulta difícil comprender como, logo da suspensión do acordo anunciada polo responsable político de Contratación, Patrimonio e Equipamentos Xesús Soto, decidida a partir dos informes negativos do equipo técnico da Deputación, e que lle permitía ao organismo provincial recuperar a súa xestión ao entender que o control do monumento non era o adecuado por parte do Concello de Cabana, o ente recuou incapaz de xestionar a presión mediática fomentada desde o consistorio.
"PARCHEANDO" O NEODOLMEN
Agora, a Deputación da Coruña tenta plantexar unha solución de urxencia no neodolmen para acalar as críticas, cando a realidade é que a empresa que se encargou da súa construción xa non está operativa e calquera intervención que se faga supoñerá un mero "parche" que dificilmente pode lograr a restitución do orixinal e que ademais terá que ser sufragado con diñeiro público cando a solución máis adecuada era a súa conservación preventiva e sobre todo o control adecuado, por parte do municipio, dos grupos de visitantes no centro arqueolóxico.
(24.2.2016)
![]() |
| Desperfectos no neodolmen logo da incorrecta xestión do Concello de Cabana de Bergantiños |