Gas Natural Fenosa non contempla a instalación de dispositivos automáticos de protección de aves no proxecto eólico Mouriños
A Serra do Gontón, lugar onde pretende levarse a cabo o plan da enerxética, é un macizo litoral anexo ao esteiro do Anllóns recoñecido como un dos corredores migratorios máis importantes da Europa continental e lugar onde se chegaron a rexistrar máis de 300 tipos de aves, tratándose ademáis da mellor zona da Península Ibérica para a observación de especies migratorias norteamericanas.
A empresa aduce, na documentación que a Xunta de Galicia puxo en información pública, que o custo xustifica que non se instalen dispositivos automáticos que posibiliten o paro de emerxencia por colisión como radares ou sistemas tipo DTBird "polo elevado investimento que requirirían", ao considerar que "as comunidades de aves esperables na comarca de instalación do parque eólico non fan previsible a presenza de bandadas ou especies vulnerables á instalación, senón que esta limitaríase a aproximacións ocasionais de exemplares illados ou en parella", e todo iso, a escasa distancia dunha Important Bird Area (IBA) e nas inmediacións da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Morte Norte (ES0000176) e a ZEPA correspondente ao espazo mariño Costa da Morte (ES0000497) onde se estima, segundo os datos do Ministerio de Medio Ambiente, que máis dun millóns de aves migratorias pasan durante o verán-outono durante a súa migración anual.
PROGRAMA DE VIXILANCIA AMBIENTAL INSUFICIENTE
Na documentación sometida a consultas, a promotora anuncia que a vixilancia será realizada "cun técnico especialista con medios ópticos e coa periodicidade que se estableza" no programa de vixilancia ambiental proposto, algo que a xuízo da asociación é notoriamente insuficiente pois tanto o aumento de periodicidade na frecuencia das visitas como o uso de cans adestrados na detección de cadáveres son dúas das claves para coñecer cal está a ser o impacto real sobre aves e morcegos de calquera proxecto eólico, dado que a simple inspección visual con medios ópticos e en amplos períodos de revisión ten escasa fiabilidade.
Doutra banda, e dende un plantexamento algo máis que criticable, a empresa só contempla un aumento na frecuencia das visitas "no caso de que no curso da vixilancia se detectase unha mortalidade elevada dalgunha especie ou de especies en perigo de extinción" facendo referencia a que estas servirían para determinar "as causas e a posible influencia de condicións meteorolóxicas adversas". Así, a promotora valora que "a posibilidade de realizar períodos de paradas técnicas quedaría supeditada a que se rexistre unha siniestralidade en número de exemplares ou en valor de conservación dos mesmos que o faga necesario", cando en realidade a protección de calquera forma de biodiversidade é o importante e non o número de exemplares ou o seu presunto valor.
CADA ANO, ATA DOUS MILLÓNS DE AVES E MORCEGOS MORREN NOS PARQUES EÓLICOS GALEGOS
En datas recentes, a Sociedade Galega de Historia Natural, recoñecida entidade científica sen ánimo de lucro, confirmou que "os vertebrados voadores son os que se están levando a peor parte do impacto da enerxía eólica en Galicia", pois en base ás estimacións dos especialistas, de que anualmente morren a nivel estatal entre 4 e 18 millóns de aves e morcegos en instalacións eólicas (153 a 551 individuos/megawatt/ano) e a contribución de Galicia á potencia eólica a nivel español (3.289 dos 26.671 megawatts instalados), "a mortalidade de vertebrados voadores ocasionada polas instalacións eólicas (aeroxeradores e tendidos eléctricos) en Galicia estaría entre o medio millón e case dous millóns de aves e morcegos anualmente".
ATA O XOVES 17 DE AGOSTO PODEN PRESENTARSE ALEGACIÓNS AO PROXECTO EÓLICO MOURIÑOS
Unha vez máis, a asociación lembra que, tras a ampliación do prazo polo cambio de normativa, ata o xoves 17 de agosto poden presentarse escritos de objección ao proxecto eólico Mouriños en defensa da biodiversidade e a paisaxe, pero tamén das efectos negativos sobre a poboación afectada e o futuro da Costa da Morte. Para ese efecto, e aparte das súas propias alegacións técnicas, Salvemos Cabana dispuxo un escrito xenérico para todas aquelas persoas interesadas que pode descargarse en ir.gl/alega e entregarse asinado en calquera rexistro público.
(13.8.2017)
![]() |
O miñato (Buteo buteo) é unha das xoias ornitolóxicas das que se pode disfrutar na Serra do Gontón |