O novo parque eólico proxectado na Costa da Morte podería afectar á conservación dunha ave en perigo de extinción
As infraestruturas do parque eólico Mouriños atópanse dentro da área de distribución potencial da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitatica
Steinbacher) e baixo o ámbito de aplicación do plan de conservación desta especie en Galicia, segundo se desprende da documentación ambiental presentada por Renovables Aragón S.L.U. (filial de Gas Natural Fenosa), que se atopa en período de exposición pública ata o próximo 4 de agosto nas xefaturas territoriais de A Coruña da Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente e nos Concellos de Zas e Cabana de Bergantiños.
Debido ao seu declive constatado a nivel científico e o reducido das súas poboacións, a subespecie lusitánica aparece recollida no anexo I do Decreto 88/2007 na categoría "en perigo de extinción", o que no seu momento implicou a elaboración dun plan de recuperación cuxo fin é garantir a conservación desta paseriforme en estado silvestre, establecendo medidas adecuadas co obxectivo de preservar as súas poboacións facéndoas viables.
Tanto a contorna poligonal como as infraestruturas do Parque Eólico Mouriños atópanse dentro da área de distribución potencial desta especie, que fai referencia a todos aqueles lugares que poderían ser empregados polo escribano palustre ben como áreas de descanso durante movementos dispersivos ou entre as áreas de distribución actual ou ben en épocas diferentes ás de cría, en especial durante o inverno.
Aínda que a súa zona crítica de conservación localízase aproximadamente a algo máis dun quilómetro de distancia no esteiro do río Anllóns, na contorna do proxecto eólico tamén se localizan as zonas húmidas de Esmorís e Fornelos, situadas a uns 1.700 e 2.400 metros respectivamente, podendo ocasionalmente esta especie chegar a utilizar os hábitats como zona de tránsito entre elas.
Desde a década de 1970, as poboacións de escribenta das canaveiras veñen experimentando un notable descenso tanto na contorna de humidais como en terras de cultivo sendo a alteración dos hábitats a principal causa de diminución das súas poboacións.
Debido a todos estes factores, a Asociación Salvemos Cabana considera que é fundamental, á hora de considerar un proxecto industrial destas características, realizar un seguimento exhaustivo da poboación reprodutora da zona que permita avaliar a longo prazo cal é a súa tendencia, levando a cabo un estudo detallado para comprender cómo son os seus requirimentos de hábitats e cales son as súas áreas de alimentación durante os meses otoñais e invernais, algo que nin sequera foi contemplado pola empresa nin se inclúe na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) que se atopa en fase de alegacións.
Hai que lembrar que, segundo o Ministerio de Enerxía dos Estados Unidos, que elaborou o informe máis completo coñecido ata o momento sobre a interación entre enerxía eólica e vida salvaxe, aínda que as especies difiren na súa vulnerabilidade de colisión con aeroxeradores de parques eólicos, "as paseriformes son as especies que máis problemas teñen cos parques eólicos e supoñen a gran maioría de vítimas nas instalacións eólicas modernas", razón de máis para considerar se é apropiada a instalación do parque eólico proxectado na Serra do Gontón tendo en conta cales poden ser os efectos sobre a biodiversidade.
(16.7.2017)
![]() |
A subespecie lusitanica da escribenta das canaveiras atópase dentro do catálogo galego de especies ameazadas |