Ao peche do segundo trimestre do ano, o prezo do ouro cae case un 23 por cento, a maior perda trimestral da que se ten rexistro, despois de tocar o seu menor prezo nos últimos 40 meses.
Para a Plataforma Salvemos Cabana, este feito impide que a mina de Corcoesto poida ser rendible nas actuais circunstancias, porque se no trimestre que conclúe a cotización media do ouro foi de 1.417 dólares por onza troy (aproximadamente 31 gramos), a día de hoxe cotiza en 1.243 dólares (952 euros), e os expertos indican unha clara evolución á baixa do recurso aurífero nos próximos tempos.
A situación mundial, que fomentou unha situación de "burbulla", permitiu que o ouro fose visto como un activo financeiro refuxio ante o exceso de liquidez a nivel internacional e as políticas monetarias emprendidas polos bancos centrais e propiciou que nos últimos cinco anos a súa cotización aumentase de forma reiterada, facendo economicamente rendibles proxectos mineiros como o de Corcoesto, inda que a cambio duns graves efectos ambientais e sociais para a Comarca de Bergantiños.
Por outra parte, influíu de xeito decisivo a desaceleración do sector produtivo en China, cuxo volume de demanda de materias primas diminuíu, e tamén ás expectativas da Reserva Federal Norteamericana, que reduciron o ritmo de compra de bonos e fixeron menos atractivo o investimento en ouro.
Nestas condicións e co negro panorama que se aveciña, moitas explotacións mineiras terán que pechar por falta de rendibilidade e a elevación dos custos de produción, polo que o apoio da Xunta de Galicia ao proxecto de Edgewater en Corcoesto e as cuantiosas subvencións públicas recibidas, supoñen, en ambos casos, un acto de irresponsabilidade institucional ante un proxecto non sostible no tempo.
Unha vez máis, dende Salvemos Cabana reiteramos o compromiso cos sectores produtivos da nosa zona e apostamos por alternativas viables, como son unha produción agrícola, gandeira e marisqueira de calidade, e o fomento do turismo rural, actividades que crean emprego e fixan poboación ao territorio fronte a proxectos puramente especulativos como o da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto.
(3.7.2013)