Saltar ao contido principal

A loita por salvar o macizo de Pena Trevinca ve os seus esforzos recompensados: a Administración galega informa negativamente ao MITECO dos proxectos eólicos Prada e Alto Cabrera

A Asociación Salvemos Cabana celebra igualmente que a Xunta desestimara o Rebordechao, un parque promovido pola norueguesa Statkraft que implicaba múltiples impactos negativos sobre a contorna da Rede Natura 2000.

O macizo de Pena Trevinca (2.127 metros) alberga os cumios máis altos de Galicia

Na práctica, o ditame negativo da Administración galega supón que o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) o terá moi difícil para dar luz verde á autorización ambiental destes proxectos eólicos e que o macizo de Pena Trevinca, que alberga os cumios máis altos de Galicia, seguirá a ser un referente a nivel de paisaxe e biodiversidade do norte peninsular.

Como ven insistindo a asociación durante o período de tramitación, a implantación dos parques eólicos Prada (170,5 MW) e Alto Cabrera (144 MW), co que as multinacionais Statkraft e Enel pretendían instalar 60 aeroxeradores de 200 metros de altura en punta na contorna de Trevinca supoñería unha problemática insalvable para a montaña máis alta de Galicia e a súa contorna polos numerosos impactos que acarrean este tipo de proxectos en zonas elevadas, coma o traslado e instalación de aeroxeradores, a apertura de pistas en lomas e cordais montañosos e as numerosas infraestruturas asociadas, en especial as relacionadas coa evacuación eléctrica.

Este entorno natural privilexiado conta coa presenza de numerosas especies protexidas como a águia real (Aquila chrysaetos), incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de "en perigo" e a nivel xeolóxico cunha das mellores mostras das antigas paisaxes glaciares da península, cuxo recordo consérvase en lagoas situadas a máis de 1.600 metros de altitude como "A lagoa de serpe" e "O Celo". Ademáis, xunto ao río San Xil, está o famoso Teixedal de Casaio, unha auténtica catedral botánica que alberga máis de 300 árbores dunha especie, o texto (Taxus baccata), que pode chegar a superar os 3.000 anos de idade e que na antigüidade era considerado como sagrado polos pobos celtas.

TAMÉN INFORMES NEGATIVOS PARA O PARQUE EÓLICO REBORDECHAO

Doutra banda, a asociación considera relevantes os informes negativos sobre o parque eólico Rebordechao (Statkraft, 154 MW), unha infraestrutura tamén inviable a nivel ambiental pola súa proximidade a espazos amparados pola Rede Natura 2000, coma o ZEC Macizo Central (código ES1130002), o ZEC Río Támega (código ES1130005), y el Bidueiral de Montederramo (código ES1130003), un dos bosques de bidueiros con vexetación eurosiberiana máis ao sur de Europa.

IMPORTANCIA DA MOVILIZACIÓN SOCIAL E ECOLOXISTA

Á espera da resolución definitiva do MITECO, que probablemente denegue a autorización ambiental dos tres parques eólicos, unha vez máis demóstrase que o activismo social e ecoloxista é clave para dar a entender ás administracións que non todo vale para a implantación a calquera prezo das enerxías alternativas, e que a problemática xerada polo cambio climático non pode servir de excusa en ningún caso para rematar provocando impactos ambientais inasumibles sobre os grandes reservorios de paisaxe e biodiversidade da península ibérica.

(27.4.2021)