Saltar ao contido principal

Salvemos Cabana considera lamentable a utilización do conflito armado en Ucraína para promocionar o negocio do "volframio galego" nas minas de Varilongo e San Fins, dous proxectos que xeran un enorme rexeitamento social

Logo das declaracións públicas de Rafaella Resources a asociación valora que a empresa tan só busca agrandar as súas contas de resultados e o beneficio dos seus accionistas e investidores fronte á oposición veciñal que xeran dous dos proxectos extractivos máis contestados de Galicia.

O conflito bélico en Ucraína está a provocar unha crise humanitaria sen precedentes na historia recente de Europa

Non é licito utilizar a excusa dunha guerra que está a provocar miles de vítimas e millóns de persoas desplazadas nunha crisis humanitaria sen precedentes na historia recente de Europa empregando, como fai o director da compañía Steven Turner, o termo de "conflito xeopolítico" para presionar á Xunta de cara á aprobación dos seus proxectos comerciais.

Segundo afirma a empresa "Galicia é parte da solución". Sen embargo, a "solución" que se advirte examinando en detalle a proposta oriéntase a incrementar o seu volume de negocio ao tempo que semella ignorar baixo o paraugas da "minería sostible" a grave problemática ambiental que históricamente veñen provocando as minas de Varilongo e San Fins e que podería verse aumentada polo tipo de operación comtemplada pola compañía, que no primeiro caso plantexa a creación dunha megamina que ocuparía miles de parcelas rústicas nas parroquias de Grixoa e San Salvador, en Santa Comba e Cuns, en Coristanco, e que no segundo mantén aberto dende a Unión Europea un procedimento de infracción contra España polas verteduras con metais pesados procedentes da explotación dende fai anos, que ademáis están a poñer en risco a supervivencia do ecosistema e o recurso socioeconómico da ría de Muros e Noia.

INCUMPATIBILIDADE DOS PROXECTOS MINEIROS COA DIRECTIVA MARCO DA AUGA

Neste senso, tanto Varilongo como San Finx asócianse ao desastre ambiental xerado polo drenaxe ácido de mina (DAM) e o grave impacto que supón a falta de control administrativo sobre as actividades das empresas mineiras, algo que atenta directamente contra as obligacións derivadas da política comunitaria en materia de preservacións de augas superficiais e subterráneas.

De feito, a día de hoxe, ambos proxectos presentan unha incompatibilidade manifesta coa Directiva Europea 2000/60/CE, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito de política de augas, e cuxo obxectivo é garantir a protección deste elemento que facilite a disponibilidade do recurso a longo prazo.

Esta Directiva baséase no artigo 174 do Tratado da UE e considérase como a máis ambiciosa de todas as normas europeas relacionadas co medio ambiente, buscando a protección de maneira conxunta de augas superficiais e subterráneas, de transición e as costeiras, remarcando ante todo a importancia de protexer os ecosistemas ante calquera ameaza destas características.

Ao respecto, a Directiva Marco da Auga sinala que "unha política de augas eficaz e coherente debe ter en conta a vulnerabilidade dos ecosistemas acuáticos situados cerca das costas" dado que "o equilibro de todas estas zonas depende en boa medida da calidade das augas continentais que flúen cara elas".

(6.3.2022)