Saltar ao contido principal

Salvemos Cabana insta á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a asumir o control do Dolmen de Dombate pola inadecuada xestión do centro arqueolóxico

A asociación, entre cuxos obxectivos está a defensa patrimonial, apoia a proposta presentada no Parlamento de Galicia en 2016 polo deputado Xabier Ron, que pedía á Xunta facerse cargo do monumento co fin de evitar o deterioro da súa imaxe e a descontextualización.

Entrada do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate

Se entón foron os desperfectos sufridos pola falta de control do Concello de Cabana sobre a réplica ou neodolmen, cuxa costosa reparacións pagouse con fondos públicos, nos últimos anos é un plan de actividades que permitiu ao consistorio do PP, avalado pola área de Patrimonio da Deputación coruñesa controlada polo grupo provincial do BNG, que se realicen actividades como venta de cestos, exposicións de calceta, xornadas gastronómicas ou incluso actividades de circo dentro do recinto, neste último caso autorizadas o pasado verán polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento Xosé Luis Penas Corral.

Prototipo dalgunhas das actividades realizadas dentro da área arqueolóxica do Dolmen de Dombate e autorizadas nos últimos anos polo deputado provincial do BNG Xosé Luis Penas Corral, ideais sen dúbida para calquera centro social municipal pero non as máis axeitadas para unha instalación de carácter museístico

No seu día e ante o descontrol existente, o entón deputado Xabier Ron reclamou na Cámara galega que a titularidade e xestión do monumento pasase a mans da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta para protexelo dunha xestión deficiente ante as numerosas evidencias de que os convenios establecidos entre o consistorio e a Deputación Provincial non eran "os máis adecuados" para este Ben de Interese Cultural e alertando de maneira textual que "todo apunta a que o Concello de Cabana non xestionou ben o centro e da forma máis respetuosa co patrimonio cultural".

UN CENTRO ARQUEOLÓXICO DA PREHISTORIA CONVERTIDO DE MANEIRA PERMANENTE EN AUDITORIO

Actualmente, a situación permanece e un número significativo das actividades que realizan no recinto nada teñen que ver co teórico obxectivo para o que se creou, e é así como unha instalación arqueolóxica que debería ser de referencia viuse convertida de maneira casi permanente en sala de concertos e/ou exposicións mentres que tanto o magnífico auditorio municipal como a Casa da Cultura de Cabana de Bergantiños permanecen inoperativos.

Cabana de Bergantiños cuenta con un magnífico auditorio público totalmente infrautilizado

Doutra banda, e como denunciou a asociación en 2020, preocupa a afectación que a realización de concertos no pavillón do dolmen pode ter sobre as pinturas de época neolítica que alberga o monumento, moi sensibles aos cambios ambientais e cuxa conservación debería ser unha prioridade para o ente provincial alén do descontrol turístico e mediático fomentado polo alcalde de Cabana José Muíño Domínguez (PP) nos últimos anos.

INCOMPATIBILIDADE CO CONVENIO EUROPEO PARA A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Finalmente, e como xa se fixo constar de maneira reiterada dende o ano 2015, moitas das actividades desenvolvidas no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate son incompatibles co espíritu do Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico, que desenvolvido en Malta en 1992 e ratificado polo Goberno español en 2011, recoñece que o patrimonio arqueolóxico europeo, como verdadeira "testemuña da historia antiga" está "gravemente amenazado de deterioro", razón pola que os Estados deben protexelo de maneira eficaz "en tanto que fonte de memoria colectiva europea e como instrumento de estudio histórico e científico", algo que debe quedar reflectido nas políticas de desenvolvemento cultural velando porque a apertura ao público deste tipo de lugares "non afecte negativamente ao carácter arqueolóxico e científico de tales emplazamentos e a súa contorna".

(28.8.2022)