Saltar ao contido principal

Parque eólico Monte Neme: a Xunta "celebra" a primeira certificación Starlight da provincia da Coruña permitindo a destrución do principal observatorio astronómico natural da Costa da Morte

O Goberno de Alfonso Rueda pasa por alto as recomendacións do Instituto de Estudos do Territorio -organismo consultivo da propia Administración galega- e autoriza ambientalmente un proxecto duramente contestado a nivel social que supoñerá a instalación de catro aeroxeradores de 200 metros de altura en punta de pa no cumio do pico a máis de 500 metros sobre o nivel do mar, o que sen súbida arruinará non só unha das paisaxes máis singulares de Galicia senón a posibilidade de realizar observacións nocturnas en boas condicións tal e como se viñan levando a cabo ata agora.

Malpica de Bergantiños e as illas Sisargas dende o cumio do Monte Neme, principal atalaia natural nocturna e diurna da Costa da Morte (Foto: Asociación Salvemos Cabana)

Hai que recordar que neste caso, como en moitos outros, non foi un acto do ecoloxismo "radical" senón que o IET é o tente que polas súas funcións se encarga -ou debería encargarse- de protexer a paisaxe nesta zona do noroeste peninsular. Neste caso concreto o organismo non deixa lugar a dúbidas ao alertar de "unha gran incidencia visual nun gran número de núcleos de poboación próximos", unha problemática sen dúbida aumentada polos impactos sinérxicos e acumulativos da interación con outros parques eólicos da Costa da Morte.

O IET admite un impacto "severo" a nivel ambiental e que "non existen medidas preventivas nin correctoras capaces de miticar o impacto paisaxístico" que producirán os aeroxeradores, provocando un efecto prexudicial irremediable sobre a principal atalaia diurna e observatorio astronómico natural da Costa da Morte.

De feito, este tipo de turbinas eólicas que pretende instalar a multinacional Enel Green Power a través da súa filial española (modelo Siemens Gamesa SG-170-6.0 de 4 MW) determinan un impacto totalmente inasumible na zona, pois ao contar cunha altura en punta de pa de 200 metros imposibilitarán na práctica a realización de actividades de observación astronómico no cumio do monte tal como se viñan levando a cabo -sobre todo en período estival-, dado que segundo a normativa, o parque eólico Monte Neme terá que sinalizarse e iluminar conforme ás directrices da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA), que obliga a instalar iluminación nocturna en todos los parques eólicos cuyos elementos tengan una altura superior a 100 metros y estén situados en planicies o partes prominentes del terreno.

A instalación do parque eólico Monte Neme impedirá a utilización do enclave como observatorio astronómico, algo frecuente no período estival

CAMPAÑA DE PROPAGANDA EN FITUR: FAI O QUE EU DIGO PERO NON O QUE EU FAGO

Mentras isto acontece e a Costa da Morte perde para sempre un máis dos seus referentes paisaxísticos nocturnos e diurnos, chama a atención a campaña de propaganda organizada pola Xunta na Feira Internacional de Turismo (FITUR) o pasado mes de xaneiro para promocionar a primeira certificación Starlight da provincia coruñesa, con Alfonso Rueda facéndose a foto xunto á candidata do PP á alcaldía de Ponteareas e todavía directora xeral de Turismo Nava Castro xunto ao catedrático de Física da USC Jorge Mira para "celebrar" o "galardón" ao tempo que o seu Goberno -e quenes o apoian implícita ou explícitamente cos seus actos- permite a destrución sistemática dos mellores enclaves da Costa da Morte e Galicia.

Como xa fixo constar a Asociación Salvemos Cabana en xaneiro uníndose a outras entidades de referencia como Ecoloxistas en Acción ou Arco Iris a implantación descontrolada de parques eólicos está a prexudicar gravemente non só a paisaxe diurna, senón tanto a serenidade do ceo nocturno como as posibilidades de observación e desenvolvemento doutras disciplinas como a astrofotografía.

Os grupos, en definitiva, consideran lamentable que a Fundación Starlight, como entidade participada polo Instituto Astronómico de Canarias (IAC) se prestase a semellante "xogo" que para moita xente aseméllase máis a converter o fenómeno nocturno nun negocio de certificacións, eventos de photocall, viaxes exóticos e presentacións públicas que aínda con boas intencións de fondo, como a mellora das iluminacións municipais, non considera en esenza o problema ambiental existente. Porque doutro xeito sería a propia entidade a que fai tempo que puxera o "grito no ceo" ante a dramática situación que parques eólicos como o recentemente aprobado no Monte Neme van a provocar -e están a provocar- nas noites da Costa da Morte.

(12.2.2023)