A realidade contradi os argumentos da campaña orquestrada polo lobby empresarial a favor dos parques eólicos en Galicia, unha estratexia falaz que xera alarma social e afecta aos dereitos da cidadanía
![]() |
O actual modelo de desenvolvemento eólico non é exemplar, nin ordeado nin sostible |
Contrariamente ao que defenden organizacións como Asociación Empresarial Eólica (AEE), a Asociación Eólica de Galicia (EGA), a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Federación Galega da Construción ou o sector industrial de CCOO Galicia, que de maneira incomprensible ven de aliñarse coa patronal, o actual modelo de desenvolvemento eólico existente no noroeste peninsular non é exemplar, ordeado nin sostible.
Hai que engadir, ademáis, que logo das reformas legais emprendidas polo Partido Popular dende o Goberno da Xunta de Galicia a través da Ley 3/2017, de fomento de implantación de iniciativas empresariais ou a Ley 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, a patronal o ten máis doado que nunca para a imposición de proxectos eólicos porque estas e outras normativas, en absoluto garantistas a nivel social supuxeron un recorte básico de dereitos da cidadanía.
O que resulta de todo inaceptable é que agora o lobby empresarial eólico e quenes o defenden dende a esfera política ou sindical falen públicamente de falta de garantías e queran dicirlle ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como ten que facer o seu traballo sen contemplar a separación de poderes a nivel do Estado nin respectar a independencia xudicial.
Porque este grupo de presión quizá descoñeza que o modelo vixente de desenvolvemento eólico en Galicia non é exemplo de nada e pasa por riba dos dereitos máis básicos da poboación. Agora, o lobby eólico pretende afondar máis nesa fenda buscando que as comunidades afectadas nin sequera podan acceder aos informes técnicos dos proxectos, que en moitos casos é onde se reflexa cales son os problemas que determinados parques eólicos poden carrexar. Nunca sorte de "ollos que non ven corazón que non sente" agora o empresariado, nunha lamentable actitude pretende recortar un dereito, o de acceso á información pública, que é esencial en calquera sociedade que se considere democráctica.
CIFRAS DE EMPREGO INFERIDAS E SITUACIÓN REAL DOS POSTOS DE TRABALLO VINCULADOS AO SECTOR EÓLICO A NIVEL LOCAL
Doutra banda chama a atención a irrealidade das cifras de emprego inferidas pola patronal do sector eólico cando ata o propio Banco de España no seu último informe de expertos realizado sobre o tema concluiu que o impacto dos parques eólicos nas tasas de emprego local é "maioritariamente non significativo", un factor que consideran debería ter importantes implicacións para as Administracións "en termos de políticas públicas".
A exhaustiva investigación, que tomou 13 anos de datos mensusais, conclúe a modo de resumen que "os investimentos eólicos teñen efectos moi baixos e estatísticamente non significativos sobre o emprego local sobre as fases de construción e mantemento" pois aínda que nestes proxectos traballan equipos multidisciplinares "fano dende a distancia" cunha etapa de construción que é "relativamente curta" levada a cabo por contratistas "que a miúdo residen noutros lugares e múdanse unha vez rematado o traballo". Al final, só se realiza o mantemento do sitio que "xeralmente involucra a traballadores que manteñen de forma remota varios sitios á vez" e "non residen permanentemente no municipio onde se ubica o investimento".
Por estes motivos o informe aposta por un modelo máis democráctico e equitativo onde se promovan as comunidades enerxéticas locais, se compense de maneira xusta á cidadanía e os concellos e as persoas residentes teñan participación directa nos novos proxectos, xusto o contrario do que está a acontecer en Galicia.
UNA PLATAFORMA CREADA DENDE O ÁMBITO EMPRESARIAL EÓLICO PARA FALAR DOS "BENEFICIOS" DE INSTALAR PARQUES EÓLICOS
Finalmente, quizais o lobby empresarial eólico quera tomar por tonta á poboación, en especial ás comunidades afectadas polos seus proxectos, cando realiza afirmacións a través da autodenominada "Plataforma Vientos de Futuro" tan inxeniosas como que "o 99% dos galegos considera que a éolica é compatible coa agricultura ou gandería" ou que "o 64% afirma que autorizar a creación de novos parques eólicos garante a protección de ecosistemas e medio ambiente".
A realidade, sen embargo, é tozuda e ben distinta, primeiro porque o rexeitamento social en Galicia está a ser maioritario cara a implantación irracional e insostible dos proxectos eólicos, como ben demostran decenas de protestas veciñais e manifestacións multitudinarias de miles de persoas que están a ter lugar por todo o territorio, e a continuación porque si algo non está garantido coa instalación de parques eólicos en Galicia é a protección medioambiental nunha comunidade autónoma que por abandono insitucional conta cunha das menores superificies protexidas. De feito os datos oficiais -nin inferidos nin inventados- sinalan que só conta cun 12% do seu territorio amparado pola Rede Natura, o que supón aproximadamente a metade da procentaxe a nivel estatal e catro veces menor que outros territorios como Canarias (42,4%), Madrid (39,9%), La Rioja (33,2%) ou Extremadura (30,2%).
IMPORTANCIA DOS COLECTIVOS DE DEFENSA AMBIENTAL
Doutra banda, Salvemos Cabana quere reivindicar o papel desenvolvido polas entidades de defensa ambiental en Galicia, que xogan un papel crucial na protección e preservación do medio ambiente e levan a cabo unha importante tarefa de sensibilización da sociedade en todo o referente á importancia de conservar a natureza como legado ás xeracións presentes e futuras.
O seu obxectivo é unir ás persoas que comparten unha preocupación común abogando por políticas máis xustas e sólidas e actuando para que tanto autoridades como empresas adopten unhas prácticas máis sostibles promovento a participación ciudadana na toma de decisións relacionadas co medio ambiente.
Porque quizais a patronal eólica o esqueza, pero as entidades de defensa ambiental desenvolven unha tarefa fundamental na protección de ecosistemas e áreas naturais a través das súas accións de protección, información e denuncia de problemas como a contaminación ou a degradación do medio.
Por último, e máis importante, os colectivos ambientais abogan por un mundo no que os dereitos das comunidades estén por diante do interés empresarial, das contas de resultados dun grupo de accionistas e o negocio privado con ánimo de lucro, en defensa da xente máis vulnerable que pode ver afectado o seu modo de vida pola degradación ambiental que provocan determinados proxectos empresariais entre os que se encontran dos de establecer centrais eólicas. E non é por capricho senón por sentido común (e xustiza social).
(20.7.2023)