Saltar ao contido principal

É necesario que a patronal eólica respecte as decisións da Xustiza aínda que sexan contrarias aos seus intereses comerciais en Galicia

O actual modelo de desenvolvemento eólico en Galicia non é exemplar, ordeado nin sostible (Foto: Asociación Salvemos Cabana)

Salvemos Cabana rexeita a campaña organizada dende a Asociación Empresarial Eólica (AEE) e entidades afíns na que, de maneira totalmente contraditoria, afirma "respectar as decisións dos tribunais de xustiza" ao tempo que carga contra a "novedosa interpretación" que estes están a facer la Lei 21/2013, de avaliación de impacto ambienta e, en particular, do proceso de participación pública durante a tramitación ambiental de proxectos.

Deste xeito a "seguridade xurídica" de proxectos coma os parques eólicos do Iiribio e Sasdónigas, ou a paralización dos plans do Campelo, Bustelo ou Monte Toural parece que pasa para organizacións como a AEE e a Asociación Eólica de Galicia (EGA) por darlle a razón á patronal do sector para que non afecte ás contas de resultados das súas empresas integrantes e/ou directivos e accionistas.

A Asociación Empresarial Eólica debería saber que nun sistema democrático o respecto polas decisións xudiciais é fundamental para garantir a eficacia da Xustiza e en último termo o Estado de Dereito, dado que as decisións xudiciais son o resultado dun proceso legal no que se busca con datos e fundamentos determinar a verdade e aplicar a ley de maneira imparcial.

Porque aínda semella que certo sector do empresariado semella que non o ve así, o respecto ás decisións xudiciais é esencial para manter a separación de poderes nun sistema democráctico. De feito, cando se respecta e ataca unha decisión xudicial, respáldase a independencia do Poder Xudicial e fornécese a confianza no sistema.

Doutra banda, o respecto ás decisións xudiciais é un piar fundamental do Estado de Dereito e significa que todos, cidadanía, gobernantes e tamén empresas, están suxeitos aos dictames da Lei e deben cumprir coas decisións tomadas polos tribunais. Este feito garante no plano eólico que as persoas e comunidades afectadas polos parques sexan tratadas de maneira xusta sen importar a súa postura política, relevancia social ou poderío económico.

A REALIDADE DAS CIFRAS DE EMPREGO VINCULADAS AOS PARQUES EÓLICOS

Chama a atención, por outro lado, a irrealidade das cifras de emprego inferidas pola patronal do sector eólico cando ata o propio Banco de España no seu último informe de expertos realizado sobre o tema concluiu que o impacto dos parques eólicos nas tasas de emprego local é "maioritariamente non significativo", un factor que consideran debería ter importantes implicacións para as Administracións "en termos de políticas públicas".

A exhaustiva investigación, que tomou 13 anos de datos mensusais, conclúe a modo de resumen que "os investimentos eólicos teñen efectos moi baixos e estatísticamente non significativos sobre o emprego local sobre as fases de construción e mantemento" pois aínda que nestes proxectos traballan equipos multidisciplinares "fano dende a distancia" cunha etapa de construción que é "relativamente curta" levada a cabo por contratistas "que a miúdo residen noutros lugares e múdanse unha vez rematado o traballo". Al final, só se realiza o mantemento do sitio que "xeralmente involucra a traballadores que manteñen de forma remota varios sitios á vez" e "non residen permanentemente no municipio onde se ubica o investimento".

Por estes motivos o informe aposta por un modelo máis democráctico e equitativo onde se promovan as comunidades enerxéticas locais, se compense de maneira xusta á cidadanía e os concellos e as persoas residentes teñan participación directa nos novos proxectos, xusto o contrario do que está a acontecer en Galicia.

O ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA É UN DEREITO DA CIDADANÍA EN PROXECTOS QUE LLE AFECTAN DIRECTAMENTE

Finalmente faise necesario recordarlle á patronal eólica, por máis que esta faga ouvidos sordos, que o actual modelo de desenvolvemento eólico é Galicia é calquera cousa menos exemplar, ordeado e sostible que o acceso aos informes de valoración sobre os proxectos é fundamental para a cidadanía porque en moitos casos é onde se reflexa cales son os problemas que determinados parques eólicos poden carrexar.

De feito o acceso á información pública, de igual modo que o respecto ás decisións xudiciais, desempeña un papel fundamental nunha sociedade democrática ao promover a transparencia, fomentar a participación cidadá e a igualdade entre as persoas e os entes empresariais, contribuindo desde xeito ao progreso da sociedade. Quere recortar este dereito ante a infame sospeita de que a cidadanía non teña a capacidade de poder avaliar informes técnicos que lle afectan directamente é apostar pola desigualdade fronte ao poder económico dominante  derivando cara unha sociedade máis inxusta e menos equitativa. 

(31.7.2023)