A "restauración" da Xunta no Monte Neme, un 'lavado de cara' que ignora décadas de degradación mineira
O proxecto de rexeneración aprobado en 2014 recoñece que a concesión 'Rima', onde existe "o maior oco de explotación" é o lugar "ao que se destinarán a meirande parte dos recursos deste proxecto de abandono e clausura" considerando como restauradas algunhas zonas da antiga explotación metalífera de wolframio e estaño que sobre o terreo presentan un evidente estado de deterioración ambiental. Impacto ambiental causado pola actividade mineira no Monte Neme (Foto: Asociación Salvemos Cabana) Neste senso, o plan de peche atende na súa meirande parte os labores mineiros durante a última etapa de explotación do monte pero non no referente a anteriores épocas extractivas, como sería desexable se o que se pretende é efectuar unha restauración completa e non parcial, como semella ser o caso. A base da restauración, según aparece no documento, e aínda que "non existen condicionantes á hora de establecer un uso do terreo degradado", consistirá nun "uso g...